Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.576

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de outubro de 1999 pola que se dispón a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da extinción da Fundación Evangélica Ebenezer.

Visto o expediente de extinción da Fundación Evangélica Ebenezer tramitado por instancia do padroado desa fundación.

Acreditado no expediente a imposibilidade de cumpri-los fins que esa institución viña desenvolvendo desde o inicio da súa actividade no ano 1995, o acordo de extinción adoptado validamente polo padroado da fundación e a vontade do fundador respecto ó destino dos bens fundacionais no suposto de disolución.

Esta consellería, de conformidade co disposto no artigo 39 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo

que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, por esta orde,

RESOLVE:

Artigo 1º

Ratifica-la extinción da Fundación Evangélica Ebenezer, acordada polo seu padroado o 1 de setembro de 1998 e conseguintemente dispoñe-la inscrición desta disolución no Rexistro de Fundacións, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2º

Declarar que unha vez concluídas as operacións de liquidación, que se axustarán ó disposto no ordenamento, os liquidadores formarán a conta final de liquidación, cos xustificantes da entrega do haber líquido á entidade fundadora, ou a que, se é o caso a substitúa, que o aplicará ó cumprimento dos seus fins propios.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública