O artigo 56 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros e, na súa disposición adicional terceira, sinala que as administracións educativas proverán os recursos necesarios para garantir, no proceso de aplicación da lei, a inclusión de actividades, como poden se-las estadías en empresas, para asegurarlles a tódolos profesores ó longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.
Así mesmo, o actual proceso de implantación da nova formación profesional, estructurada en ciclos formativos, nos que se establece con carácter obrigatorio e avaliable un período de formación en centros de traballo, fai necesario que os profesores teñan previamente un coñecemento directo dos procesos productivos que se desenvolven nas empresas, as novas tecnoloxías que incorporan e as realizacións profesionais dos traballadores nos diferentes postos de traballo para, deste xeito, perfila-lo programa formativo que os alumnos deberán realizar no módulo de formación en centro de traballo. Neste sentido, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proponse satisface-las devanditas necesidades formativas, co obxectivo, en todo caso, de consegui-la mellora do sistema educativo a través da formación dos seus profesionais.
Pola Orde do 21 de xuño de 1999 convócanse estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 1999-2000 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, e apróbanse as súas bases de concesión (DOG do14 de xullo de 1999), e tendo en conta que aínda existen prazas vacantes que non foron cubertas, considérase oportuno abrir unha nova convocatoria co fin de poder atende-las citadas prazas vacantes.
Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Convocatoria.
Primeiro.-Convócanse estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 1999-2000, dirixidas a funcionarios docentes de formación profesional específica destinados en centros dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo
as condicións e a distribución que se establecen e relacionan nesta orde.
Segundo se trate de empresas ofertadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou empresas e prazas distintas das anteriores e propostas polo interesado, establécense dúas modalidades:
Tipo A: estadías formativas nas empresas acollidas a este programa, que se relacionan no anexo I.
Tipo B: estadías formativas noutras empresas ou institucións cun mínimo de 10 traballadores. Neste caso, o profesorado deberá concertar coa empresa o contido e duración da estadía e presentará un proxecto segundo o esquema recollido no anexo III.
Candidatos.
Segundo.-Os funcionarios deberán pertencer a algunha das especialidades do profesorado para impartir módulos de formación profesional específica, segundo o R.D. 1635/1995, do 6 de outubro, e o R.D. 777/1998, do 30 de abril, ou estar adscritos a prazas dalgunha das especialidades indicadas, así como aqueles que estean impartindo clases en formación profesional específica.
En todo caso, a estadía solicitada estará relacionada coa súa actividade docente.
Condicións.
Terceiro.-Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:
1. Estar en situación de servicio activo e prestar servicios durante o curso 1997-98 e 1998-99 en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
2. Ser funcionario de carreira ou funcionario en prácticas nalgún dos corpos e escalas ós que se alude no punto segundo desta orde.
3. Non ter que realiza-lo servicio militar ou servicio social substitutorio no período de realización da estadía en empresas.
4. Non ter realizado estadías formativas en empresas durante os 2 últimos cursos académicos, outorgadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
5. Non estar a desfrutar ou ter concedida no curso 1999/2000 licencia por estudios, xa que se consideran incompatibles para realizar no mesmo período de vixencia das estadías formativas en empresas ámbalas dúas modalidades de formación.
Solicitudes e documentación.
Cuarto.-Os candidatos para realiza-las estadías formativas en empresas que se convocan deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do
anexo II, xunto coa documentación que se indica a continuación:
1. Folla de servicios, segundo o modelo do anexo VI, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada o 30 de setembro de 1999, e que será solicitada e tramitada polo interesado.
2. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.
3. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.
4. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente nin os que se aleguen fóra do prazo ó que se refire o punto quinto desta convocatoria.
Prazo de presentación.
Quinto.-O prazo de presentación rematará o día 30 de novembro de 1999, tanto para a modalidade A como para a B, agás as solicitudes para estadías que deberán desenvolverse durante os meses de novembro e decembro, que deberán presentarse antes do día 28 de outubro de 1999. As solicitudes, xunto coa documentación, deberán presentarse a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.
As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.
Informe da Inspección.
Sexto.-Cerrado o prazo de presentación de solicitudes, o Servicio Provincial de Inspección Educativa emitirá o correspondente informe por instancia da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde. Este informe deberá ser remitido á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo de 5 días naturais e será preceptivo á hora de valora-la autorización da solicitude.
Sétimo.
1. O mencionado informe do servicio de inspección referirase ós seguintes aspectos:
a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).
b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).
c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.
2. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de cero a tres puntos.
Comisión de selección.
Oitavo
1. A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:
-O subdirector xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos, que será o presidente.
-O subdirector xeral de Ordenación Educativa, ou persoa en quen delegue.
-O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.
-A xefa de Servicio de Formación en Empresas e Orientación Laboral.
-Un inspector de Educación.
-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.
2. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.
3. A comisión poderá dispo-la constitución de subcomisións técnicas especializadas só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos relacionados nos puntos 1 e 4 do anexo IV.
Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.
Resolución da convocatoria.
Noveno.-A comisión seleccionadora realizará unha selección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria. No caso de solicitudes para estadías que se desenvolverán nos meses de novembro e decembro deste ano 1999 serán resoltas o día 2 de novembro, para os efectos de poder ocupa-las prazas vacantes para este período.
1. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:
a) Maior puntuación no punto 2 do baremo.
b) Maior puntuación no punto 3 do baremo.
2. A lista dos seleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos edificios administrativos de San Caetano e San Lázaro e nos das delegacións provinciais, abríndose un prazo de sete días naturais para efectuar reclamacións. Transcorrido este prazo, unha vez estudiadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora elevará ó director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta ou actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados. A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia.
No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior poderán presentarse renuncias á concesión das estadías en empresas perante a mencionada comisión seleccionadora.
Décimo.-Unha vez resolta esta convocatoria, soamente se admitirán renuncias ás actividades concedidas en casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitara. O profesorado que non participe na actividade para a que foi seleccionado perderá a súa preferencia para participar nas vindeiras tres convocatorias da actividade, agás nos casos excepcionais autorizados.
As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de tres meses, desde a data do remate da súa presentación.
Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Períodos de duración das estadías formativas en empresas.
Décimo primeiro.-O período de duración das estadías para a modalidade A será o indicado no anexo I para cada empresa.
Para as estadías que se concedan pola modalidade B, a duración estará comprendida entre 15 días e 2 meses.
Décimo segundo.-Ó finaliza-lo período da estadía, os profesores beneficiarios presentarán ante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de 15 días contados desde a finalización da estadía realizada, unha memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, e como mínimo, os seguintes aspectos:
a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan diferenciados segundo os niveis de cualificación.
b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.
c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).
d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).
e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.
f) Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores da mesma na oferta de formación específica dirixida ó profesorado e que se considera interesante dada a profesionalidade detectada no ámbito de cada empresa.
g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.
Décimo terceiro.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.
Unha copia da memoria será enviada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional á empresa na que cada profesor realizou a estadía.
Situación administrativa e compromisos dos seleccionados.
Décimo cuarto.-Durante a estadía na empresa os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias. O profesorado seleccionado terá dereito, de acordo co establecido na Orde do 18 de xuño de 1990 (DOG do 4 de xullo), a unha bolsa de asistencia por día sempre e cando a actividade se desenvolva fóra do concello onde está situado o centro educativo de destino ou do concello onde teña o seu domicilio habitual.
A contía da bolsa que percibirá por día de asistencia á empresa será a que se indica a continuación tendo en conta a distancia en quilómetros de ida e volta entre o seu domicilio habitual e a empresa:
a) Menos de 30 quilómetros: 1.750 ptas./día.
b) Entre 31 e 50 quilómetros: 2.250 ptas./día.
c) Entre 51 e 75 quilómetros: 3.000 ptas./día.
d) Entre 76 e 100 quilómetros: 3.650 ptas./día.
e) Máis de 101 quilómetros: 4.500 ptas./día.
En todo caso, a contía máxima que poderá percibir en concepto de bolsa de asistencia non poderá excede-la cantidade de 150.000 ptas.
Décimo quinto.-As bolsas de asistencia aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322S.640.1 e por un importe máximo de 17.400.000 ptas.
Décimo sexto.-Os profesores realizarán durante a súa estadía na empresa o horario productivo que esta teña establecido.
Décimo sétimo.-Durante o período de estadía na empresa ou en institucións os profesores estarán acollidos á Mutualidade de Funcionarios do Estado e ás pólizas de seguro de accidentes e responsabilidade civil subscritas pola Xunta de Galicia.
Décimo oitavo.-Durante o período de estadía formativa en empresas os profesores non terán vínculo ou relación laboral coa empresa ou institución de acollida, nin poderán ocupar un posto de traballo dentro do seu cadro de persoal, polo que quedarán excluídos da lexislación laboral.
Décimo noveno.-A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional remitiralles ás delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria unha relación dos profesores e do período de tempo que estean realizando as estadías formativas nas empresas, para o seu envío á Inspección de Traballo.
Vixésimo.-A concesión de autorización para estadías en empresas implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada.
Vixésimo primeiro.-O incumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á revogación da correspondente estadía formativa, sen prexuízo da posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Seguimento.
Vixésimo segundo.-A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, a través dos servicios de inspección de educación, efectuará o adecuado seguimento e control das estadías formativas.
Certificación.
Vixésimo terceiro.-Segundo o disposto no punto 14.2º da Orde do 13 de decembro de 1994 (DOG do 13 de xaneiro de 1995), pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro de actividades de formación permanente do profe
sorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións, os profesores que realicen unha estadía formativa en empresas ó abeiro desta orde, con avaliación positiva, obterán a seguinte certificación:
1. Estadías formativas de ata 29 días de duración: certificación de 20 horas de formación.
2. Estadías formativas de 30 a 44 días de duración: certificación de 40 horas de formación.
3. Estadías formativas de 45 a 59 días de duración: certificación de 60 horas de formación.
4. Estadías formativas de máis de 59 días de duración: certificación de 80 horas de formación.
Retirada da documentación.
Vixésimo cuarto.-Durante o mes de decembro de 1999 os concursantes poderán retira-la súa documentación da Consellería de Educación e Ordena
ción Universitaria (rúa San Lázaro, 107-Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo entenderase que renuncian á súa recuperación, perdendo todo dereito sobre ela.
Vixésimo quinto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde e, así mesmo, para prorrogar automaticamente o período de presentación de solicitudes de non cubrirse totalmente nesta convocatoria, dentro do curso 1999-2000.
Vixésimo sexto.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO I
Distribución das prazas para estadías en empresas que se convocan para o curso 1999-2000
estadía
Cod.
Empresa Localidade Especialidade da estadía Ano Período Duración Prazas
01002 Asociación de Industrias de Punto e Confección (Lugo, Ourense e Pontevedra) A Coruña ou Lugo ou Vigo Confección en punto 1999 Novembro 1 mes 2
03011 Astano Ferrol Mantemento e servicios á producción 2000 Febreiro 1 mes 1
03012 Astano Ferrol Proceso de xestión administrativa 2000 Maio 1 mes 1
03014 Astano Ferrol Soldadura 2000 Marzo 1 mes 1
04016 Banco Pastor Oficina por determinar Procesos comerciais, productos e servicios bancarios 1999 Novembro 1 mes 1
05019 Bazán Ferrol Control numérico. Fabric. Turb. 2000 Febreiro 1 mes 1
05021 Bazán Ferrol Mecanizado Fabric. Turb. 2000 Marzo 1 mes 1
06024 Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (Cis madeira) Ribadavia Fabricación de ataúdes (Hijos de Luis Chao Sobrino, S.A.) Rivadavia 1999 Novembro 1 mes 1
06025 Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (Cis madeira) A Estrada Fabricación de madeira para fogar (A Estrada Industria del Mueble, S.L. A Estrada. 2000 Febreiro 1 mes 1
06026 Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS madeira) A Estrada Fabricación de madeira para fogar (Herfica, S.L.) A Estrada. 2000 Marzo 1 mes 1
06027 Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS madeira) Caldas de Reis Fabricación de madeira para fogar (Lougar, S.L.) Caldas de Reis 2000 Abril 1 mes 1
06028 Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS madeira) Cee Fabricación de madeira para fogar (Muebles Castiñeira, S.L.) Cee. 2000 Maio 1 mes 1
06029 Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS madeira) Sada Fabricación de madeira para fogar (Rey Barral, S.A.) Sada 2000 Febreiro 1 mes 1
06030 Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS madeira) Cambre Fabricación de mobiliario de madeira escolar e oficina Deinter, S.L. Cambre. 1999 Novembro 1 mes 1
07031 Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) Santiago de Compostela Comunicación, imaxe e son 2000 Abril 1 mes 1
estadía
Cod.
Empresa Localidade Especialidade da estadía Ano Período Duración Prazas
07032 Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) Santiago de Compostela Comunicación, imaxe e son 2000 Marzo 1 mes 1
07033 Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) Santiago de Compostela Electrónica 2000 Febreiro 1 mes 1
07034 Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) Santiago de Compostela Estética maquillaxe 1999 Novembro 1 mes 1
07036 Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) Santiago de Compostela Informática (sistemas informáticos) 2000 Febreiro 1 mes 1
07037 Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) Santiago de Compostela Informática (sistemas informáticos) 2000 Marzo 1 mes 1
08038 Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense Ourense Atención sociosanitaria 2000 Febreiro 1 mes 1
08039 Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense Ourense Prevención sanitaria e saúde pública 1999 Novembro 1 mes 1
09040 Ediciones Informatizadas, S.A. Pontedeume ou As Pontes Preimpresión 2000 Febreiro 1 mes 1
10041 Endesa Pontes, As Instrumentación (central térmica) 2000 Xaneiro e febreiro 2 meses 1
10042 Endesa Pontes, As Laboratorio (central térmica) 1999 Novembro 1 mes 1
10043 Endesa Pontes, As Mantemento eléctrico (central térmica) 2000 Febreiro e marzo 2 meses 1
10044 Endesa Pontes, As Mantemento mecánico (central térmica) 2000 Febreiro e marzo 2 meses 1
10045 Endesa Pontes, As Medio ambiente (central térmica) 1999 Novembro 1 mes 1
10046 Endesa Pontes, As Telecomunicacións (mina) 1999 Novembro 1 mes e medio 1
10047 Endesa Pontes, As Telecomunicacións (mina) 2000 Xaneiro e febreiro 1 mes e medio 1
11048 Escola Infantil Andaina Coruña, A Educación infantil 1999 Novembro e decembro 2 meses 1
12050 Finsa Foresa (Caldas de Reis) Caldas de Reis Química industrial (laboratorio) 2000 Marzo 3 semanas 1
12051 Finsa Padrón Padrón Química industrial (laboratorio) 2000 Febreiro 3 semanas 1
14053 Imprenta da Universidade de Santiago de Compostela Santiago de Compostela Artes gráficas 1999 Novembro 1 mes 1
15055 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Análise e química industrial (laboratorio) 1999 Novembro 1 mes 1
15054 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Análise e química industrial (laboratorio) 2000 Febreiro 1 mes 1
15056 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Electricidade e electrónica 2000 Abril 1 mes 1
15057 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Electricidade e electrónica 2000 Marzo 1 mes 1
15058 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Fabricación mecánica 2000 Abril 1 mes 1
15063 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Hidráulica e pneumática 1999 Novembro 1 mes 1
15059 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Hidráulica e pneumática 2000 Abril 1 mes 1
15060 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Hidráulica e pneumática 2000 Febreiro 1 mes 1
15061 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Hidráulica e pneumática 2000 Maio 1 mes 1
15062 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Hidráulica e pneumática 2000 Marzo 1 mes 1
15065 Inespal (Alúmina Española-Aluminio Español) Cervo (San Cibrao) Oficina de proxectos de construcción 2000 Febreiro 1 mes 1
16066 Motores y Vehículos Ourense, S.A. Opel Moyvesa Ourense Reparación integral de vehículos 1999 Novembro 1 mes 1
estadía
Cod.
Empresa Localidade Especialidade da estadía Ano Período Duración Prazas
17070 Repsol Petróleo Coruña, A Electrónica de control 1999 Novembro 1 mes 1
17067 Repsol Petróleo Coruña, A Electrónica de control 2000 Febreiro 1 mes 1
17068 Repsol Petróleo Coruña, A Electrónica de control 2000 Maio 1 mes 1
17069 Repsol Petróleo Coruña, A Electrónica de control 2000 Marzo 1 mes 1
17075 Repsol Petróleo Coruña, A Verificación mecánica 1999 Novembro 1 mes 1
17072 Repsol Petróleo Coruña, A Verificación mecánica 2000 Febreiro 1 mes 1
17073 Repsol Petróleo Coruña, A Verificación mecánica 2000 Maio 1 mes 1
17074 Repsol Petróleo Coruña, A Verificación mecánica 2000 Marzo 1 mes 1
19083 Telefónica Pontevedra Electrónica 1999 Novembro 1 mes 1
19079 Telefónica Coruña, A Electrónica 1999 Novembro 1 mes 1
19080 Telefónica Lugo Electrónica 1999 Novembro 1 mes 1
19081 Telefónica Ourense Electrónica 1999 Novembro 1 mes 1
19082 Telefónica Pontevedra Electrónica 2000 Febreiro 1 mes 1
19078 Telefónica Coruña, A Electrónica 2000 Febreiro 1 mes 1
19090 Telefónica Ourense Equipos de telefonía 1999 Novembro 1 mes 1
19092 Telefónica Pontevedra Equipos de telefonía 1999 Novembro 1 mes 1
19085 Telefónica Coruña, A Equipos de telefonía 1999 Novembro 1 mes 1
19088 Telefónica Lugo Equipos de telefonía 1999 Novembro 1 mes 1
19087 Telefónica Lugo Equipos de telefonía 2000 Febreiro 1 mes 1
19091 Telefónica Pontevedra Equipos de telefonía 2000 Febreiro 1 mes 1
19089 Telefónica Ourense Equipos de telefonía 2000 Febreiro 1 mes 1
19084 Telefónica Coruña, A Equipos de telefonía 2000 Febreiro 1 mes 1
22097 Unión Fenosa Coruña, A Administración 2000 Abril 15 días 1
22098 Unión Fenosa Vigo Electricidade 1999 Novembro 1 mes 1
22099 Unión Fenosa Cambre (Meirama) Mantemento e servicios á producción (Meirama) 2000 Febreiro 1 mes 1