Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación de subministración dunha máquina de impresión offset con destino á sección de formación profesional do colexio Calvo Sotelo. (Expediente 99/8433 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración dunha máquina de impresión offset con destino á sección de formación profesional do colexio Calvo Sotelo.

Lugar de entrega: colexio Calvo Sotelo.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitació urxente.

Orzamento: 5.570.000 ptas.= 33.476,37 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 222.800 ptas.= 1.339,05 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. En horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 4 de outubro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial da Coruña