Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do plan especial de mellora do núcleo 12.05 Matoca (Oia). (Expediente 4597/411).

O Pleno do Concello de Vigo en sesión celebrada o día 28 de xullo de 1999, acordou aprobar definitivamente o plan especial de mellora do núcleo 12.05 Matoca na parrroquia de Oia, plan de iniciativa municipal, redactado polos arquitectos Javier Alonso-Davila e Arsenio Piñeiro, contratados polo Concello de Vigo, segundo o convenio de colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

A. Recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Vigo no prazo dun mes contado a partir da data de publicación deste anuncio.

B. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Non obstante, interposto o recurso de reposición non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primerio ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

C. Calquera outro recurso que se coide oportuno e sexa procedente interpoñer.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 30 de setembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo