Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobación inicial de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio de Sanxenxo, para ampliación de equipamento sanitario en Fontoira-Padriñán.

A corporación municipal de esta concello, en sesión celebrada o día 24 de setembro de 1999, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, para ampliación de equipamento sanitario en Fontoira-Padriñán.

Exponse o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outrogamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

Sanxenxo, 29 de setembro de 1999.

Telmo Martín González

Alcalde