Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de setembro de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación e estudio de detalle da U.X. D do PERI de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro, promovido por Edipromfer, S.L.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde