Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, con data do 21 de setembro de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do parque empresarial do concello de Ribadavia, redactado polo arquitecto Luis Garaizábal, o enxeñeiro, Salomón Hassan e o enxeñeiro industrial José Ramón Inaraja, promovido por Xestur-Ourense.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 48 da Lei 1/1999, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencio

so-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta publicación.

Contra a resolución do recurso de reposición, que se efectuará no prazo dun mes, poderase intepoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso, nos dous meses seguintes á data da notificación, se a resolución fose expresa, e de seis meses desde a interposición do recurso se esta fose presunta.

Podera utilizarse, no obstante, calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ribadavia, 1 de outubro de 1999.

José Pérez Iglesias

Alcalde