Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (116/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 30 de setembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación do polígono 13 do SU-14 por petición de Antonio Rodríguez Campos, coas correccións efectuadas nel en canto ó número de vivendas permitidas polo planeamento.

2. Establecer como sistema de actuación o de compensación.

De conformidade co disposto no artigo 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 8 de outubro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente