Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-353).

Por resolución desta alcaldía nº 5331/1999 do 27 de setembro do 1999, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación da parcela R-1 do Plan parcial sobre o SUNP B-14-R, en Longora-Liáns, tramitado por Aurelio Ruenes, S.A.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables,

polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 6 de outubro de 1999.

María Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta