Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 5149/1999, do 17 de setembro, aprobouse o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, da ampliación da vía de conexión entre o SUNP B-14-R e o Sistema Xeral AC-173.

De conformidade co artigo 219.2º do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, o devandito expediente estará exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ás 13 horas e polo prazo dun mes, para efectos de presentación das observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 21 de setembro de 1999.

María Esther Pita Pita

Alcaldesa