Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MADRID

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Madrid, na sesión do día 30 de abril de 1999, acordou:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da xunta de compensación da unidade de execución 2 do ámbito U.Z.P. 1.03 Alargamento de Vallecas, presentado por Javier García Valcárcel na súa condición de xerente da comisión xestora, debendo cumprirse con carácter previo á aprobación definitiva as prescricións contidas no informe que consta no expediente. Advírtese expresamente que a determinación da superficie real e a situación exacta dos predios achegados se levará a cabo no proxecto de compensación.

Segundo.-Somete-lo proxecto de estatutos e bases de actuación ó trámite ordinario de información pública durante un prazo de quince días, para o que se inserirá o correspondente anuncio no Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid e se lles notificará individualmente a tódolos propietarios e titulares de dereitos afectados a teor do disposto no artigo 161 do Regulamento de xestión urbanística. Durante o período de información pública, os propietarios e demais afectados poderán formula-las alegacións que conveñan ós seus dereitos e, ademais, se é o caso, solicita-la súa incorporación á xunta».

Mediante este anuncio, notifícaselles a todos aqueles propietarios e outros afectados ós que, intentada a notificación individualizada deste acordo, non se lles puido practicar por distintas circunstancias.

Todo isto a teor do disposto no artigo 17 da Lei 4/1999, de modificación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Titular: Pedro María Morales Campo.

Predio rexistral: 9.903.

Polígono: 4.

Parcela: 41.

O que se publica para o coñecemento do anterior propietario, significando que dispón dun prazo de 15 días contados desde o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid para que, se o desexa, poida examina-lo dito expediente nas mañás dos días hábiles do prazo sinalado, na Sección de Xestión de Sistemas do Departamento de Iniciativa Privada I, da Xerencia Municipal de Urbanismo, rúa Guatemala r/v Paraguai, 3ª planta, como así mesmo formular por escrito no rexistro xeral desta cantas alegacións considere pertinentes ó seu dereito.

Madrid, 18 de setembro de 1999.

Paulino Martín Hernández

Secretario xeral