Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Acordo da Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 22 de setembro de 1999, polo que se aproban as adxudicacións por concurso, para a execución das obras que a continuación se sinalan consonte as seguintes características:

Título da obra: asfaltado de pistas-1999.

Orzamento: 20.000.000 de ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: G-6-D.

Título da obra: saneamento de núcleos-1999.

Orzamento: 10.000.000 de ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: G-6-D.

Título da obra: accesos a núcleos-1999.

Orzamento: 7.500.000 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: G-6-D.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras antes sinaladas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos bases de licitación: os sinalados anteriormente.

5. Garantías.

Provisional: o 2% sobre do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

d) Teléfono: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 71 03, 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos epecíficos do contratista.

a) Clasificación: a sinalada anteriormente.

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o seguinte día hábil, agás sábado, posterior ó prazo de remate das proposicións. O dito prazo ampliarase ata o décimo primeiro día no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións e no teléfono indicado no punto 6-d.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 22 de setembro de 1999.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. Tenente-alcalde delegado da área

Fernando X. Blanco Álvarez