Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno en sesión do 27 de maio de 1999 aprobou o expediente de contratación polo sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria da obra do centro social en Vixoi-Bergondo, incluída na 1ª fase do Plan 2000, baixa, anualidade 1999 da deputación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: centro social en Vixoi-Bergondo.

b) Plan: 1ª fase do Plan 2000, baixa anualidade 1999.

c) Lugar de execución: parroquia de Vixoi.

d) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación, 140.000 pesetas.

b) Definitiva: 4 por 100 do orzamento base de licitación, 280.000 pesetas.

6. Obtención de documentación.

a) Concello de Bergondo (A Coruña). Secretaría, Estr. Coruña, 12, 15165 Bergondo (A Coruña). Teléfono: 981 79 12 52. Fax: 981 79 42 33.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior ó remate de presentación de propostas.

7. Prego de cláusulas administrativas que rexe o contrato.

O prego de cláusulas económico-administrativas particulares para a adxudicación de obras, mediante concurso, con procedemento aberto, aprobado pola deputación provincial en sesión do 28-11-1996 e publicado no BOP número 282 do día 9-12-1996.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vintesies días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Bergondo.

9. Data, lugar de hora de apertura de ofertas.

O terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó remate de presentación de proposicións, ás 13 horas, na Casa do Concello de Bergondo.

10. Documentación e modelo de proposicións.

Presentaranse tres sobres cerrados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego. O modelo de proposición é o que figura no anexo II do dito prego.

Bergondo, 10 de setembro de 1999.

José Fernández Ramos

Alcalde