Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

Por ser reclamados pola Federación Galega da Construcción, os pregos de condicións de cláusulas particulares das obras que se relacionan, aprazada a licitación e unha vez modificadas estas segundo a resolución da Alcaldía do 7-10-1999, ábrese un novo período de licitación.

Obxecto: execución das obras.

Expediente nº 3/1999: execución da obra de saneamento na Espedregada-Merelle.

Expediente nº 4/1999: ramais de redes de sumidoiro en Cequeliños.

Expediente nº 5/1999: ramais de redes de sumidoiro en San Xoán.

Lugar de execución: varias parroquias de Arbo.

Orzamento:

Expediente 3/1999: 3.743.298 pesetas.

Expediente 4/1999: 3.500.000 pesetas.

Expediente 5/1999: 4.616.248 pesetas.

Prazo de execución:

Expediente 3/1999: tres meses.

Expediente 4/1999: tres meses.

Expediente 5/1999: catro meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia.

Garantía provisional: para participar no concurso: 2% do tipo de licitación. Definitiva: o 4% do mesmo tipo.

Información: Concello de Arbo.

Proposicións: data límite ás 14 horas do prazo de 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: no BOP de Pontevedra.

Arbo, 7 de outubro de 1999.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde