Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación de subministración de material informático con destino as confrarías de pescadores da provincia da Coruña e á Federación Provincial de Confrarías. (Expediente 99/10532 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de material informático con destino ás confrarías de pescadores da provincia da Coruña e á Federación Provincial de Confrarías.

Lugar de entrega: confrarías de pescadores da provincia da Coruña e Federación Provincial de Confrarías da Coruña.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 7.800.000 ptas.= 46.878,94 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 312.000 ptas.= 1.875,16 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. En horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 13 de outubro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña