Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Mediadores de Seguros Franquiciados.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Mediadores de Seguros Franquiciados que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os profesionais da mediación de seguros que desempeñen a súa actividade profesional en réxime de franquicia.

Asinan a acta de constitución: Ángel Pereira Gutiérrez e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais