Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Federación Frisona Galega (Fefriga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron presentados, o día 24 de setembro de 1999, os novos estatutos da Federación Frisona Galega (Fefriga) nos que se recollen as modificacións aprobadas pola asemblea xeral extraordinaria o 6 de setembro de 1999, segundo consta na certificación expedida polo secretario da referida federación, Manuel Iglesias Pérez, avalada co visto e prace do seu presidente, José Aquilino Rodríguez López.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais