Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Productores y Elaboradores de Porcino Asociados para la Calidad (Pepaca).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real Decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Productores y Elaboradores de Porcino Asociados para la Calidad (Pepaca) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións destinadas á producción, transformación e comercialización de artigos do porcino, que cumpran a normativa sanitaria vixente, e que utilicen como compoñente básico na alimentación do porcino a castaña de Galicia e/ou landras, productos silvícolas.

Asinan a acta de constitución: José Taboada Buján, en representación da entidade comercial Libia Camoira Gay, e cinco persoas máis en representación doutras entidades.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais