En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Talleres, Cooperativas y Modistas Autónomas, de las industrias de Confección, Punto y Afines (Agataconfección), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación, tódalas empresas que se dediquen á producción de roupa e artigos confeccionados, xéneros de punto e afíns, e que teñan o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma galega.
Asinan a acta de constitución: José Antonio de Jesús Rodríguez Pérez, en representación da entidade mercantil FAUSCA, S.L., e catro persoas máis en representación doutras tantas entidades.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais