Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.544

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999 pola que se nomean funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de outubro de 1997 para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas.

Cumpridos os trámites previstos na base VI do proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de outubro de 1997 (DOG nº 220, do 13 de novembro), para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, procede realiza-lo nomeamento dos aspirantes que superaron a fase de oposición e presentaron en prazo a documentación correspondente, coma funcionarios en prácticas.

Por iso esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, os seguintes aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo:

Quenda libre:

Nome e apelidosDNIPuntuación

Martínez Santamarina, Eusebio33.993.08782,2

Sicre Romero, Mª Ángeles32.669.99578,05

Morán Méndez, Eloy C.76.902.85676,4

Rey Jorge, Ana33.295.99274,4

Martín Hierro, Socorro32.765.50874,2

Bueno Rey, Sandra36.124.96972,65

Rodríguez Sánchez, Carlos32.810.96871,3

Muñoz Fonteiriz, Elena36.119.95068,7

O nomeamento dos interesados como funcionarios en prácticas terá efectos da data de inicio do curso selectivo que se establece no punto quinto desta resolución.

Segundo.-Para os efectos do disposto na base I.1.8 da orde de convocatoria establécese a seguinte distribución de prazas por especialidades do curso selectivo:

-Especialidade de inspección financeira e tributaria: 2 prazas.

-Especialidade de xestión tributaria: 1 praza.

-Especialidade de intervención: 5 prazas.

-Total prazas do curso selectivo: 8 prazas.

Terceiro.-Convócanse os aspirantes relacionados no punto primeiro desta resolución ó acto público de elección de especialidade do curso selectivo que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda, nos edificios administrativos de San Caetano, bloque 3, baixo en Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 2 de novembro de 1999.

A elección de especialidade polos aspirantes efectuarase conforme a orde establecida pola base I.1.8 da convocatoria.

Cuarto.-O curso selectivo desenvolverase segundo o establecido pola base III da orde de convocatoria.

Quinto.-Igualmente convócanse os aspirantes citados no punto primeiro desta resolución ó acto de inicio do curso selectivo que terá lugar ás 16 horas do día 3 de novembro de 1999, no mesmo lugar indicado no punto terceiro desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública