Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.545

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999 pola que se nomean funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de outubro de 1997 para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

Cumpridos os trámites previstos na base VI do proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de outubro de 1997 (DOG nº 221, do 14 de novembro), para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala ténica de finanzas, procede realiza-lo nomeamento dos aspirantes que superaron a fase de oposición e presentaron en prazo a documentación correspondente, como funcionarios en prácticas.

Por iso esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de xestión de Administración da Xunta de

Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, os seguintes aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo:

Quenda libre:

Nome e apelidosDNIPuntuación

Portabales Santomé, Mª Aránzazu52.497.87571,29

García Gómez, Carlos Roque33.294.77365,72

Pereira Álvarez, José Luis32.782.09465,03

Jácome Reboredo, Fernando52.482.98161,76

Freire Camaniel, Mª Belén34.989.30961,10

García Pérez, Eva Mª32.823.23459,97

Maceiras Rial, David32.793.78559,35

Souto Mariñas, Mª Celina 32.801.84157,73

González Soñara, Luz Mª32.657.11054,11

Cabaño Fernández, David32.796.96253,28

O nomeamento dos interesados como funcionarios en prácticas terá efectos da data de inicio do curso selectivo que se establece no punto quinto desta presente resolución.

Segundo.-Para os efectos do disposto na base I.1.9 da orde de convocatoria establécese a seguinte distribución de prazas por especialidades do curso selectivo:

-Especialidade técnica de inspección financeira e tributaria: 3 prazas.

-Especialidade técnica de xestión tributaria: 2 prazas.

-Especialidade técnica de contabilidade e intervención: 5 prazas.

-Total prazas do curso selectivo: 10 prazas.

Terceiro.-Convócanse os aspirantes relacionados no punto primeiro desta resolución ó acto público de elección de especialidade do curso selectivo que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda, nos edificios administrativos de San Caetano, bloque 3, baixo en Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 2 de novembro de 1999.

A elección de especialidade polos aspirantes efectuarase conforme a orde establecida pola base I.1.9 da convocatoria.

Cuarto.-O curso selectivo desenvolverase segundo o establecido pola base III da orde de convocatoria.

Quinto.-Igualmente convócanse os aspirantes relacionados no punto primeiro desta resolución ó acto de inicio do curso selectivo que terá lugar ás 16 horas do día 3 de novembro de 1999, na sala de xuntas B sita entre as consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública