Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 03/0007686/1999 E.M., interposto por Antonio Suárez Vilar.

Recibida comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo número 03/0007686/1999 E.M., interposto por Antonio Suárez Vilar, contra o Decreto 145/1999, do 7 de maio, polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Valdoviño (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de rexeneración ambiental das praias de Pantín, Vales e Meirás.

A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer no prazo de 9 días como parte perante a sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1999.

José A. Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local