Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN de obras de plans provinciais.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/clasificación/orzamento.

519.POL(Adic.).99/Abastecemento e saneamento a Parada/Barbadás/3 meses/--/10.000.000 de ptas.

520.POL(Adic.)/99/Saneamento en Ventosa/Boborás/3 meses/--/10.000.000 de ptas.

106.RVL(PB Adic.).99/CV 247 Paredes-O Candedo/Chandrexa de Queixa/3 meses/--/10.000.000 de ptas.

108.RVL(PB Adic.).99/CV 11 Leboreiro-Montederramo/Montederramo/5 meses/G.4.d/25.000.000 de ptas.

Ourense, 15 de outubro de 1999.

O presidente

Rubricado