Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 16 de setembro de 1999, o proxecto técnico de parque público de Vila de Cruces, redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, queda exposto ó público na secretaría deste concello, durante o prazo de catro días hábiles que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción deste edicto no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o concurso público urxente e procedemento aberto da obra de parque público de Vila de Cruces, expóñense ó público por un prazo de catro días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas. Pola súa vez, convócase licitación pública para a adxudicación da citada obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó proxecto técnico ou ó prego, reanudándose, o que reste, a partir do día seguinte da resolución das reclamacións.

Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da obra de parque público de Vila de Cruces.

Tipo de licitación: é de 7.983.146 pesetas, con IVE incluído.

Prazo de execución: será o fixado na correspondente cláusula do prego de condicións.

Garantías: a provisional establécese en 159.663 pesetas, e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 2ª do prego de condicións.

Modelo de proposicións: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición, e en sobre cerrado, os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios así como tódolos derivados do contrato.

Vila de Cruces, 30 de setembro de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado