Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.515

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN HOSPITAL VERÍN

ANUNCIO.

A Fundación Hospital Verín fai pública a convocatoria de persoal facultativo do seu persoal, de conformidade coas seguintes bases:

Prazas ofertadas:

EspecialidadeNº de prazas

Rehabilitador1

Xinecoloxía1

Oftalmoloxía1

Uroloxía1

Traumatoloxía2

Titulación requirida: a licenciatura e especialidade esixida legalmente para o desempeño de cada unha das prazas convocadas.

Procedemento de selección: consistirá en dúas fases:

1ª fase: valoración dos méritos achegados.

2ª fase: unha entrevista persoal.

A nota final do procedemento será a resulta de:

1ª fase: 50%.

2ª fase: 50%.

Dereitos: os candidatos aboarán 5.000 ptas. en concepto de dereitos da selección na conta de Caixa Ourense 2046-0580-73-3040018400, especificando no concepto claramente «Dereitos de Exame 1999», xunto co nome completo do aspirante.

Normas xerais.

Os requisitos previos esixidos para tódolas prazas ofertadas son:

1. Ter cumpridos os 18 anos.

2. Acredita-la nacionalidade española ou dun país membro da Unión Europea ou, se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España.

3. Posuí-la titulación necesaria para o posto ó que se opta.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no RDL 8/1997, do 16 de maio, en materia de fomento da contratación indefinida e tamén ó disposto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores.

A Fundación Hospital Verín reserva para si o dereito de declarar deserta algunha das prazas convocadas.

A selección será feita por unha comisión de avaliación constituída para tal efecto.

Entre tódolos candidatos que non saían elixidos elaborarase unha lista de contratación para a cobertura de posibles substitucións, tendo a citada lista unha vixencia máxima dun ano.

As entrevistas non se realizarán antes dun mes desde a publicación desta convocatoria.

Solicitude de participación: para participar neste proceso deberase remitir solicitude do interesado, dirixida a:

Fundación Hospital Verín

Estrada de Laza, s/n

32600, Verín -Ourense-

No prazo improrrogable de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, indicando no sobre a categoría a que se presente.

As solicitudes deberán de axustarse necesariamente ó modelo oficial desta convocatoria; calquera solicitude que non se axuste ó dito formato quedará excluída sen máis trámites.

Documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Copia compulsada dos certificados de servicio prestados, dos diplomas acreditativos de ter superado cursos de coñecemento e do título mínimo esixido para cada categoría.

c) Calquera riscadura ou raspadura, tanto nos certíficados ou en calquera dos documentos anexos que xunte o/a candidato/a, sempre que non se encontren salvados baixo sinatura, quedarán excluídos sen máis trámite.

No que se refire ós servicios prestados, en tódolos puntos dos baremos serán valorados unicamente os acreditados ata o día inmediato anterior, inclusive, ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Calquera persoa se poderá presentar a máis dunha categoría, sempre que presente as instancias correspondentes e aboe os dereitos de cada unha.

As devanditas solicitudes poderanse recoller nas direccións provinciais do Sergas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, ademais de na propia Fundación Hospital Verín.

Exclusións e reclamacións: primeiro sacarase unha lista provisional de admitidos e excluídos, xunto coa puntuación dos méritos achegados, tendo tódo-los aspirantes un prazo de 10 días contados desde a súa publicación para face-las reclamacións que consideren oportunas. Con posterioridade sacarase unha lista definitiva de admitidos.

Unha vez emitida esta lista os aspirantes serán chamados progresivamente e de forma persoal, para a realización das entrevistas persoais.

Unha vez rematado o proceso das entrevistas publicaranse nas direccións provinciais do Sergas de Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra, ademais de no taboleiro de anuncios da Fundación Hospital Verín, as listas coas puntuacións acadadas e os adxudicatarios provisionais. En contra destas listas poderase interpor reclamación escrita no prazo de 10 días contados desde a súa publicación, que será anunciada en prensa.

Incorporación: os candidatos seleccionados incorporanse de forma gradual segundo as necesidades da Fundación Hospital Verín e logo da superación do recoñecemento médico que os faculte para o desempeño da praza.

Para calquera tipo de información pódese chamar ós teléfonos 988 41 44 41 e 988 41 43 09, desde as 9 horas ata as 13 horas.

Verín, 16 de setembro de 1999.

Enrique Isaac Pérez Rivera

Director xerente da Fundación Hospital Verín