Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.484

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 30 de setembro de 1999 pola que se dispón o cumprimento da sentencia do Tribunal Supremo, do 30 de xuño de 1999.

Vista a sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, do 30 de xuño de 1999, recaída no recurso de casación nº 5059/1993, interposto por José Trigo Costa, contra a sentencia dictada con data do 10 de xuño de 1993 pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso número 4207/1992, sobre resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, do 24 de xaneiro de 1992, pola que se excluía das bases de revisión dos polígonos A e B de Bueu, sendo o seu fallo do seguinte teor:

«Que debemos estimar e estimámo-lo recurso de casación interposto contra a sentencia dictada nestes autos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de xuño de 1993, que en consecuencia anulamos. E que entrando a coñece-la fondo do recurso contencioso presentado, debemos estimar e estimamos este, anulando o acordo da Consellería

de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, do 24 de xaneiro de 1992, por non ser conforme a dereito ordenando, así mesmo, recoñece-la concesión do viveiro M.G.M. nº 1 incluíndoo no Proxecto de revisión e reordenación de polígonos de viveiros fluctuantes».

Na súa virtude, ó se-la devandita sentencia firme, e conforme o establecido nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

DISPOÑO:

Que se cumpra nos seus propios termos a referida sentencia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura