Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.484

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de setembro de 1999 pola que se establece o réxime de subvencións ás organizacións profesionais do sector agrario.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 185, do 23 de setembro de 1999, cómpre face-las seguintes correccións:

Artigo 8º, cuarto parágrafo, onde di: «En todo caso, as ditas xustificacións terán que presentarse antes do 30 de outubro deste ano», debe dicir: «En todo caso, as ditas xustificacións terán que presentarse antes do 30 de outubro deste ano, salvo que se indique outro prazo na resolución de concesión da axuda».