Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.482

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións para a primeira constitución do consello escolar en centros de educación non universitaria de nova creación.

O Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, e o Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e o Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias, desenvolven a estructura e funcionamento dos órganos de goberno unipersoais e colexiados dos centros docentes de ensinanzas non universitarias da Comunidade Autónoma de Galicia conforme o establecido na Lei 9/1995.

Creados recentemente centros nos que é preciso proceder á constitución do consello escolar por primeira vez, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. As eleccións para a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso académico 1999/2000 realizaranse entre os días 22 e 30 do vindeiro mes de

novembro de 1999, segundo o procedemento establecido:

a) Para os centros de educación infantil, primaria e secundaria na orde desta consellería, do 21 de outubro de 1996 (DOG do 22).

b) Para os centros públicos integrados no artigo 11 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26).

c) Para os centros públicos de ensinanzas non universitarias de características singulares, de educación especial e de educación de adultos, na orde desta consellería, do 29 de outubro de 1996 (DOG do 4 de novembro), corrección de erros DOG do 15 de novembro).

2. Ós membros integrantes da xunta electoral, das mesas electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desenvolvemento das súas obligacións seralles de aplicación o artigo 70.2º da Lei 4/1998, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño), da función pública de Galicia. Non obstante, os días en que se realicen as eleccións de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa non poderán ser declarados non lectivos.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1999.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa