Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 569/1999, interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 569/1999, interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, contra actuacións materiais constitutivas de vía de feito consistentes en non dar ocupación efectiva ós funcionarios que superaron os procesos selectivos convocados por Orde do 26 de decembro de 1995.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública