Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999 pola que se anuncia a contratación por concurso para a execución dos programas de prevención de drogodependencia.

Obxecto: comprende as tarefas integradas dentro da execución dos programas, tales como contratación das películas que se vaian proxectar, impresión de folletos, adquisición e traducción para o galego das unidades didácticas, reunións cos directores e profesores dos colexios onde se levan a cabo os programas; difusión en prensa dos programas, contratación de monitores cualificados para impartir charlas, acordar co Teatro Principal días e horas de proxección de películas.

Tipo de licitación: 8.100.000 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato iniciará os seus efectos o día seguinte á recepción da notificación do acordo de adxudicación, finalizado coa conclusión do curso escolar.

Forma de licitación: o contrato adxudicarase polo sistema de concurso por procedemento aberto.

Criterios de adxudicación: son os que seguen, enumerados por orde decrecente de importancia para os efectos de cualificación das ofertas:

1. Experiencia na execución de programas de prevención de drogodependencia nas administracións públicas. Ata 15 puntos.

2. Calidade dos servicios que se prestaren, que se acreditará polos seguintes medios: memorias, estudios, referencias, currículos. Ata 10 puntos.

3. Prezo: ata 5 puntos.

Prazo e lugar de presentación de proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexis

tro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de trece días naturais, que comenzará a contarse e entenderse aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que correspondan facer no DOG e no BOP da Coruña.

Apertura de plicas: realizarase na Casa do Concello ás 12 horas o seguinte día hábil ó do termo da presentación das proposicións.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Modelo de proposición:

D/Dª... veciño/a..., con domicilio en (rúa/lugar, etc.)..., número, e DNI número..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de...) na licitación do contrato de obras de... facendo constar:

a) Ofrezo o prezo de... (en letras e números)... ptas., o que supón unha baixa de... (en letras e números)... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto tódolas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumprir tódolas disposicións legais en materia de contratación laboral, seguridade social e protección á industria nacional.

..., ... de ... de 199...

O/A licitador/a

Prego e proxecto: poderá consultarse na Sección Servicios de Contratación do Concello de Santiago de Compostela.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación publícase anuncio para os efectos de reclamacións do prego de condicións, que se poderán presentar no prazo de oito días, contados desde esta publicación no BOP, ó abeiro do establecido no artigo 122 do TRRL.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.

O alcalde

Rubricado