Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 1 de outubro deste ano, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación das obras da separata de continuación de obras do centro sociocul

tural, xuvenil e da 3ª idade (acondicionamento de zonas comúns e de local planta primeira), exponse o público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso aprazarase cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Separata de continuación de obras do centro sociocultural, xuvenil e da 3ª idade (acondicionamento de zonas comúns e de local planta primeira).

b) Lugar de execución: concello da Pastoriza.

c) Prazo de execución: cinco meses.

3. Orzamento base de licitación, importe total:

7.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantías.

a) Provisional: 140.000 pesetas.

b) Definitiva: 280.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, desde as nove ás catorce horas, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, praza de Galicia, nº 1.

8. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do primeiro día hábil seguinte

ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación:

-Antecedentes relativos a obras de natureza análoga realizadas polo contratista para este concello e para as distintas administracións públicas, ata oito puntos.

-Unidades de obra adicional, ata seis puntos.

-Prazo de execución, ata catro puntos.

-Prezo, ata dous puntos.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatorio.

A Pastoriza, 7 de outubro de 1999.

José Yáñez García

Alcalde