Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO (oferta de emprego público para 1999).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada con data do 17 de setembro de 1999, prestou aprobación ás seguintes bases:

Bases para a provisión en propiedade, polo procedemento de oposición libre, dunha praza de policía local, incluída na oferta de emprego público para 1999

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

A provisión, polo procedemento de oposición libre, dunha praza de policía local, incluída na oferta de emprego público para 1999 e encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e categoría policía local, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo D, do artigo 25 da Lei 30/1984 e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

A idade de xubilación será ós 65 anos.

Esta convocatoria adáptase á normativa da Lei 30/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, e da Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, e ó Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Os aspirantes propostos por supera-las probas selectivas e despois de cumpri-los requisitos formais establecidos nesta convocatoria serán nomeados funcionarios en prácticas e para efectua-lo seu nomeamento como policía local en propiedade será requisito indispensable a superación dun curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para participar nas probas selectivas, os aspirantes terán de reuni-las seguintes condicións:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non supera-la idade de 30 anos o día que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

d) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros os aspirantes homes e de 1,65 metros as mulleres.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o exercicio das funcións da policía local.

f) Non ter sido arredado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autó

nomas ou Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

g) Estar en posesión dos permisos de conducir clase A e B (Bh de SP:PM 3.500 kg).

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das probas físicas que figuran especificadas nesta convocatoria.

i) Compromiso de portar armas e, se fose o caso, de chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

Tódolos requisitos deberán ser referidos á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes.

Terceira.-Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte na oposición serán dirixidas ó alcalde-presidente da corporación, facendo constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo dos vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no BOE, sendo admitidas igualmente as presentadas con anterioridade ó prazo antes indicado, unha vez publicada a convocatoria no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

As instancias presentaranse directamente no rexistro xeral da corporación ou a través do procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ás instancias solicitando tomar parte na oposición unirase a seguinte documentación, de conformidade co artigo 24 da Lei 30/1992, do 23 de marzo:

a) Fotocopia do DNI.

b) Fotocopia dos permisos de conducir.

c) Certificado médico de aptitude física, letra h) da base segunda.

d) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame, que se fixa en 2.500 pesetas, agás os solicitantes en paro, que estarán exentos logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de e emprego conforme non perciben ningún tipo de prestación.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada no BOP e no taboleiro de edictos da casa consistorial, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións.

As ditas reclamacións, se as houbera, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional, aprobándoas ou rexeitándoas e aprobando a lista definitiva, que será publicada na mesma forma que a

provisional. Nesta mesma resolución incluirase a composición do tribunal e a hora de comezo dos exercicios.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que consta a oposición estará constituído de acordo, fundamentalmente, co Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, sendo a súa composición a seguinte:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia, designado conforme o Decreto 121/1995.

Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

O secretario do concello ou funcionario en quen delegue.

Un representante dos traballadores.

Un representante de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE e EU-IU).

A composición do tribunal farase pública no BOP e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das admnistracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Tamén poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que consideren pertinentes, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que

apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, a hora e o local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibido a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

Sétima.-Exercicios da oposición.

A oposición comporase dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.

Antes de iniciarse este procederase á medición dos aspirantes para comprobar que teñen a estatura mínima esixida. Así mesmo, procederase a realiza-la proba psicolóxica, que estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e adecuación á función policial. Nesta proba cualificarase como apto ou non apto. A declaración de non apto nesta proba suporá que o aspirante quedará eliminado, non podendo continuar coa práctica das restantes probas.

No suposto de que as probas do primeiro exercicio fosen sinaladas todas para a mesma data, a proba de aptitude psicolóxica será a primeira e tódalas restantes realizaranse condicionadas a supera-la proba psicolóxica e, no suposto de non ser declarado apto algún aspirante, considerarase que non foron realizadas as seguintes probas e será declarado non apto na cualificación do exercicio.

Este primeiro exercicio é de carácter obrigatorio e consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Gabear por unha corda de 4 m estilo libre. Daranse dúas oportunidades para esta proba.

b) Carreira de 100 metros lisos nun tempo máximo de 14,50 segundos para os aspirantes masculinos e de 16 segundos para as aspirantes femininas.

c) Carreira de 1.000 metros lisos nun tempo máximo de 3 minutos e 50 segundos para os aspirantes masculinos e de 4 minutos 10 segundos para as aspirantes femininas.

d) Salto de lonxitude con carreira: 4 metros para os aspirantes masculinos e 3,50 metros para as aspirantes femininas. Daranse dúas oportunidades para esta proba.

Para seren admitidos á realización deste exercicio, os aspirantes terán que achegar coa solicitude para tomar parte na oposición un certificado médico acreditativo de que reúnen as condicións físicas necesarias. Así mesmo, terán que ser declarados aptos na proba psicotécnica que se realizará antes do comezo do exercicio.

A cualificación deste exercicio será a de apto ou non apto, sendo preciso superar todas e cada unha das probas físicas. A cualificación de non apto, en calquera das probas físicas, elimina o opositor para continua-los exercicios sucesivos da oposición.

Segundo exercicio.

De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 60 preguntas con respostas alternativas referente ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria, nun tempo máximo de 45 minutos. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas.

Terceiro exercicio.

De carácter obrigatorio e escrito, está dividido en dúas partes, da forma seguinte:

1ª parte: consistirá en contestar un cuestionario de 40 preguntas con respostas alternativas sobre coñecementos do termo municipal de Fene e, en especial, de xeografía, demografía, entidades, división electoral, administrativa, urbanismo, ordenanzas, etc. Esta proba puntuará cun máximo de 7 puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos.

Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas e acadar unha puntuación mínima de cinco puntos.

2ª parte: consistirá en situar sobre un mapa do termo municipal, sen indicativos, as entidades de poboación, rúas, edificios públicos, etc., que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 3 puntos.

Para a realización deste exercicio fíxase como tempo máximo para a súa resolución 60 minutos en total.

Cuarto exercicio.

De carácter obrigatorio e escrito, consistirá en desenvolver un parte por escrito dun suposto práctico, relativo ás funcións da policía local, que determine o tribunal, nun tempo máximo dunha hora. Este exercicio será cualificado ata un máximo de dez puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos.

Quinto exercicio.

De carácter obrigatorio, non eliminatorio e escrito sobre coñecemento do idioma galego, a nivel perfeccionamento, consistente en traducir para o galego un texto que facilitará o tribunal en castelán, nun tempo máximo de trinta minutos, e será cualificado

ata un máximo de sete puntos. A puntuación deste exercicio sumarase á obtida no resto das probas.

Oitava.-Cualificación dos exercicios.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

Novena.-Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que, de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá supera-lo número de prazas convocadas, que neste caso é de dúas, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación, a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

No prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, estes deberán presentar no rexistro da corporación os seguintes documentos que non achegasen coa solicitude.

a) Copia autenticada do DNI.

b) Copia autenticada do certificado de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Declaración xurada de non ter sido arredado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función, expedido pola Xefatura Provincial de Sanidade.

f) Fotocopia debidamente autenticada do permiso de conducir, clases A e B.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificado da Administración pública da que dependan, que acredite a súa condición e os documentos non achegados para o seu anterior nomeamento.

Cumpridos os requisitos anteriores, o presidente da corporación fará o nomeamento dos aspirantes propostos como policías locais en prácticas, que deberán tomar posesión do cargo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que lles sexa notificado o nomeamento, quedando, noutro caso, en situación de cesante e anuladas tódalas súas actuacións, debendo superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade antes

do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira. Os que non superen este curso en dúas convocatorias consecutivas como máximo perderán tódolos dereitos a esta praza.

Décima.-Incidencias.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición en todo o non previsto nas bases.

Décimo primeira.-Base final.

A presente convocatoria e tódolos actos administrativos que dela se deriven poderán ser impugnados polos interesados na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa do segundo e terceiro exercicios

Tema 1.-A Constitución de 1978. Liñas xerais.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3.-Organización territorial do Estado. Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 4.-O municipio, organización e competencias. Órganos de goberno. Comisións informativas.

Tema 5.-O Concello Pleno. Integración e funcións. Comisións de Goberno. Comisións informativas.

Tema 6.-A función pública local e a súa organización. Clases de funcionarios. Funcionarios de carreira. O persoal da policía local.

Tema 7.-Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, Decreto 83/1996, do 29 de febreiro.

Tema 8.-Lei orgánica 2/1986, de forzas e corpos de seguridade, con especial referencia á policía local e xuntas locais de seguridade.

Tema 9.-Lei 1/1992, de protección da seguridade cidadá, ideas xerais.

Tema 10.-A policía local como policía xudicial.

Tema 11.-Ordenanza de xestión de residuos sólidos do Concello de Fene.

Tema 12.-Ordenanza de masas forestais e de protección dos animais do Concello de Fene.