Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1999 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a relación das obras de acondicionamento do espacio urbano da praza de San Caetano/Salgueiriños.

Tipo de licitación: 15.485.372 ptas. IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será cinco meses contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: a documentación poderá recollerse no seguinte enderezo: Copy Nova. R/Nova, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93.

Información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Garantías. Provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do importe do orzamento.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15 do prego de condicións.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D/Dª... con domicilio en... rúa... nº... Teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº... actuando en nome propio (ou representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio... toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... ptas., que supón unha baixa de... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 1999.

O/A licitador/a

Asinado e Rubricado

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por...

En..., ... de... de 1999.

O/A licitador/a

Asinado e Rubricado

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1999.

O alcalde

Rubricado