Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución do procedemento sancionador de epizootias OU-T-72/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín o procedemento sancionador que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), posto que intentada a notificación non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro Facenda Galega, recadación de multas e sancións, Sanidade Agropecuaria nº 44/030/003919/6 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, 32003. (Ourense).

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro citada.

Transcorrido o prazo indicado sen formula-lo pertinente recurso, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 21 de setembro de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-72/1999.

Interesado: Óscar Luis Pérez Barja.

DNI nº: 34.989.486-O.

Último enderezo coñecido: rúa Camiño Caneiro, nº 16-1º A. Ourense.

Feito denunciado: transportar 30 cabezas de gando bovino desde o mercado de gando de Salamanca ata as explotacións de Celanova, Taboadela, Gomesende e Pasadán, carecendo do rexistro do vehículo na Xefatura de Gandería, así como do rexistro de operador de gando.

Tipificación da infracción: artigos nº 195, 196 e 52 do Regulamento de epizootias. Artigos nº 1 e 3 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro. Artigo nº 1 da Orde do 23 de agosto de 1995. Artigo nº 1 da Orde do 2 de febreiro de 1998.

Sanción: 30.000 pesetas.