Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se declara de utilidade pública a liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, parque eólico das Somozas subestación de Mourela, nos concellos das Pontes de García Rodríguez e As Somozas, provincia da Coruña. (Expediente IN407A 98/313-1 A.T.).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Energías Ambientales, S.A. con enderezo para efectos de notificación na, r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10-1º, 15008 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 28 de xuño de 1999, por resolución da Dirección Xeral de Industria, concédese a auto

rización administrativa e aprobación do proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV parque eólico das Somozas subestación de Mourela, nos termos municipais das Pontes de García Rodríguez e As Somozas (A Coruña).

Segundo.-Con data do 29 de xullo de 1998 Energías Ambientales, S.A. solicitou a declaración de utilidade pública da citada liña eléctrica, presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Liña de alta tensión a 132 kV, con orixe no pórtico da subestación do parque eólico das Somozas, propiedade de Energías Ambientales, S.A. e fin na subestación de Mourela de Unión Fenosa, S.A. cunha lonxitude de 12.938 m, en dobre circuíto (inicialmente só se instalará un) sobre apoios metálicos tipo celosía, cun conductor tipo LA-180.

Sistemas de control e supervisión.

Terceiro.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública, mediante Resolución do 1 de xuño de 1999, publicada no DOG do 11-6-1999, BOP da Coruña do 17-6-1999, diario El Ideal do 9-6-1999, nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados e no da delegación provincial; así mesmo, a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación e, no caso de titulares descoñecidos ou de enderezo ignorado, deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Cuarto.-Durante o periodo en que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as seguintes alegacións:

1. María Luz Pena Martínez, propietaria dos predios nº 91 e 93, solicita que se xustifique a necesidade da utilidade pública e alega que se anulan as posibilidades de edificar no futuro nas citadas parcelas, polo que solicita que a liña discorra por terreos de dominio público.

2. María Blanco Fernández, propietaria do predio nº 108, manifesta que, sendo uso actual desta o dunha plantación de eucaliptos, a liña prexudica o seu valor porque no futuro ten previsto destinala a unha granxa de engorde de porcos.

3. Caridad Blanco Fernández, propietaria dos predios nº 96 e 99, afirma que o destino previsto para o predio nº 99 a curto prazo é a construcción dunha vivenda unifamiliar, sendo o uso actual o de pasteiro e monte baixo, que o destino previsto para o predio nº 96 é a instalación dunha graxa de engorde de porcos, sendo o uso actual monte baixo e unha plantación de eucaliptos e que a construcción da liña impedirá edificar no primeiro predio e diminuirá o valor da segunda.

4. José Bellas Barro, propietario dos predios nº 90, 94 e 148, solicita que se xustifique a necesidade da utilidade pública e que se desvíe a liña por terreos de titularidade pública, que se teña en conta que os tres predios son dunha superficie superior ós 2.000 m cada un delas e que, por tanto, se limitan as súas posibilidades urbanísticas e, finalmente, que á hora de valora-los danos non só se teñan en conta os danos e perdas directos senón tamén os que poidan producirse no futuro.

5. Ramón Corral Castro, propietario da parcela nº 158, solicita que se xustifique a necesidade da utilidade pública e que se desvíe a liña por terreos de titularidade pública, que se teña en conta que o predio é dunha superficie superior ós 2.000 m e que polo tanto se limitan as súas posibilidades urbanisticas e, finalmente que á hora de valora-los danos non só se teñan en conta os danos e perdas directos senón tamén os que poidan producirse no futuro.

6. Vicente Baamonde Fernández, propietario do predio nº 153, solicita o desvío da liña ou que se sitúe á distancia regulamentaria para este tipo de actividades, por esta-la metade norte do predio dedicado a nave industrial para taller de mantemento e a metade sur se se está desenvolvendo, en plano distinto, para explanada de lavado e revisión de vehículos basculantes propios duns 12 m de altura en caixa levantada.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, facilitando esta as informacións adicionais solicitadas, a cada unha delas. Non se toman en conta aquelas alegacións referentes á valoración económica por non seren obxecto desta fase do expediente.

Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións previstas no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamen

to no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a estas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. A declaración de utilidade pública se realiza ó amparo do artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

2. Non se pode acepta-la variación proposta por María Luz Pena Martínez, xa que non se cumpren conxuntamente as condicións do artigo 26 e 27 do Decreto 2619/1996, ademais, o custo das posibles variantes ó trazado da liña tanto no predio 91 como no 93 superior ó 10 % do trazado inicial segundo establece o punto 3º do artigo 26. En canto á valoración das propiedades, non é obxecto desta fase do expediente.

3. As alegacións presentadas por María Blanco Fernández e por Caridad Blanco Fernández non son obxecto desta fase do expediente.

3. Non se pode acepta-la proposta presentada por José Bellas Barro e por Ramón Corral Castro dado que nas inmediacións dos predios da súa propiedade non consta que existan terreos de dominio público. Polo demais, a valoración económica non é obxecto desta fase do expediente.

5. A distancia do conductor máis próximo da liña proxectada á edificación é maior dos 5 metros previstos no artigo 35 punto 2º do Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión, xa citado, polo que non se toma en consideración a alegación presentada por Vicente Baamonde Fernández.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos

afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, se poderá interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria