Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de cafetería e podoloxía en centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de cafetería e podoloxía en centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

c) Nº expediente: 1/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de cafetería e podoloxía.

b) Número de servicios e lugar en que están:

* Servicios de cafetería:

1. Centro Social de Baiona. Bº Anunciada, s/n, Baiona.

2. Centro Social de Bouzas. Recheo, s/n, Vigo.

3. Casa do Mar de Cambados. Avda. do Peirao, 12, Cambados.

4. Casa do Mar de Vilagarcía. Avda. da Mariña, 23, Vilagarcía de Arousa.

5. Casa do Mar de Baiona: Alférez Barreiro, s/n, Baiona.

* Servicios de podoloxía:

6. Residencia da 3ª Idade do Meixoeiro. Meixoeiro, s/n, Vigo.

7. Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo. Monte Arieiro, s/n, Meixoeiro, Vigo.

c) Prazo de execución: 1 ano, prorrogable por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: o canón mínimo de explotación:

Servicio de cafetería: 12.000 ptas. (doce mil pesetas) anuais.

Servicio de podoloxía: 6.000 ptas. (seis mil pesetas) anuais.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo e nas demais delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36202.

d) Teléfono: 986 81 72 00.

e) Telefax: 986 81 72 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Tódolos días laborais excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: solvencia económica, financeira e técnica. Os licitadores acreditarana en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: no prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no punto nº 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (36202) Avda. Cánovas del Castillo, s/n. Tamén pode enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

9. Apertura das ofertas económicas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra de Sanidade e Servicios Sociais nas súas dependencias de Vigo.

b) Enderezo: Avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 4 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra