Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.447

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1999, de corrección de erros da do 1 de setembro de 1999 (DOG do 27 de setembro), pola que se convocan probas selectivas para cubrir 9 prazas de telefonista do grupo V, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertidos erros na dita convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 27 de setembro de 1999 (nº 187) e visto o artigo 105.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cómpre face-las correccións que figuran a continuación:

Na páxina 11.669, no anexo I, no punto 1.1, alínea a puntación, onde di: «A puntuación desta primeira fase será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos», debe dicir: «A puntuación deste primeiro exercicio será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos».

Na páxina 11.670, no anexo I, no punto 1.1, alínea a puntuación, onde di: «A puntuación desta primeira fase será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será neceario obter un mínimo de 15 puntos», debe dicir: «A puntuación deste segundo exercicio será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos».

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela