Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.447

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (286/1999-4).

Ramón Fernández Agra, secretario judicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber:

Que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de autorización de entrada número 286/1999-4, se lle notifica a Rosario Soto Feáns o auto dictado neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva como segue:

Auto.

A Coruña, 4 de marzo de 1999.

Antecedentes de feito.

1. Mediante atento oficio dirixido a este Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos desta

capital pola correspondente representación legal que compareceu para o efecto no Instituto de Vivenda e Solo, solicitábase o autorgamento de autorización de entrada naquel lugar que se referencia en canto sometido ó eventual consentimento ó respecto do seu titular e co fin da execución forzosa de previo acto daquela Administración autonómica.

2. En definitiva, mediante esta solicitude, solicitábase autorización xudicial co fin de proceder ó desaloxo de Rosario Soto Feáns na medida en que reside ou, polo menos aparentemente ocupa, na rúa Federico García Lorca, nº 10-1º D de Santiago de Compostela (A Coruña), radicada esta como autos nº 286/1999 deste Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña.

3. En calquera caso, o exame deste expediente determina que a vivenda de referencia foi ocupada por Rosario Soto Feáns, en virtude de contrato comprevenda subscrito co Instituto Galego da Vivenda e Solo o 1 de agosto de 1983. A falta de pagamento do prezo motivou que o referido contrato fora resolto polo director xeral do Instituto Galego da Vivienda e Solo o 4 de maio de 1998, que entregou requirimento notarial para notificación desta resolución do día 26 do mesmo mes e ano. A indicada resolución fíxose firme ó non interporse contra ela ningún recurso, o que deu lugar a que o día 22 de xullo de 1998 se acordase o inicio do procedemento de desaufiuzamento da referida vivenda por ocupación sen título, o cal foi tramitado co nº 7198, outorgándolle á interesada un prazo de quince días desde a notificación do dito acordo de iniciación podería ser considerado proposta de resolución.

Acreditado pola Policía Municipal de Santiago de Compostela que a referida vivenda se atopaba pechada e desocupada, o delegado do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña acordou o 26 de febreiro de 1999 no prosegui-la tramitación do procedemento de desaufiuzamento, e requirir autorización xudicial para a entrada na dita vivenda.

Acórdase:

Autoriza-lo Instituto Galego da Vivienda e Solo e concederlles, xa que logo, ós seus órganos competentes para o efecto, a entrada na vivenda ocupada por Rosario Soto Feáns, sita na rúa Federico García Lorca, nº 10-1º D de Santiago de Compostela (A Coruña). Notifíqueselles esta resolución ás correspondentes partes comparecidas para os seus oportunos efectos e signifíqueselles que, sen prexuízo do seu carácter executorio, esta non é firme en canto cabe eventual recurso de apelación nun só efecto ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal aquí radicado e para anete a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de quince (15) días contados a partir da data seguinte á súa correspondente notificación.

Así o acorda, manda e asina o maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo

número un dos da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que lle sirva de notificación á demandada Rosario Soto Feáns, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 16 de setembro de 1999.

Ramón Fernández Agra

Secretario