Estando vacante o posto de traballo de secretario/a do vicerrector de Infraestructuras e Servicios, no cadro de persoal funcionario de Administración e servicios desta universidade.
Este rectorado, en cumprimento do establecido no artigo 20.1º b) da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado, e 70 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Decreto 253/1992, do 10 de setembro, e modificados por Decreto 245/1998, do 30 de xullo, e demais normativa de procedente aplicación, convoca a súa provisión de acordo coas seguintes bases:
Primeira.-O posto de traballo que se convoca, cos requisitos que figuran no anexo I desta convocatoria, poderá ser solicitado por funcionarios de carreira dos grupos C ou D de calquera das administracións públicas, agás os sinalados no punto 2º do artigo 1 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.
Segunda.-As solicitudes irán dirixidas ó rector da Universidade da Coruña, usando o modelo que consta
como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no rexistro xeral desta universidade (Mestranza, s/n, 15001 A Coruña) ou en Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n), ou remitirse a través das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Á solicitude xuntaráselle un currículum vitae, no que se especifiquen os méritos alegados polo candidato ó posto ofertado.
A presente convocatoria, así como os actos administrativos derivados dela, poderán ser impugnados no prazo e na forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 27 de setembro de 1999.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
ANEXO I
Denominación do posto: secretario/a do vicerrector de Infraestructuras e Servicios.
Localidade: A Coruña.
Grupo: C/D.
Tipo de posto: singularizado.
Complemento de destino: 18.
Complemento específico mensual: 45.430 ptas.
Forma de provisión: libre designación.