Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.436

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do pacto de empresa da entidade Envases Metálicos de Vigo, S.A.L. (Emvisal).

Visto o texto do convenio da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L. para o ano 1999, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-8-1999, subsccrito, pola parte económica, por unha representante da empresa e, da parte social, polos seus traballadores, convenio ou pacto de empresa que, por non estar subscrito por unha representación sindical pola parte social, como esixe o artigo 87.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, non ten a consideración de convenio colectivo estatutario nin extraestatutario, senón de simple pacto de empresa. A teor do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por canto razóns de interese público para a súa publicidade co fin de garanti-los

dereitos dos traballadores así o aconsellan, así como a teor do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de setembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio Envases Metálicos de Vigo, S.A.L. 1999

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito.

Este convenio regulará as condicións laborais da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L., e do persoal que nela presta os seus servicios, así coma de todo aquel que ingrese no futuro durante a vixencia ou prórroga del. Quedan excluídos deste convenio, só para os efectos económicos, os postos denominados de función directiva, que quedan amparados por este convenio para os demais efectos.

Artigo 2º.-Normas supletorias-preeminencias.

Serano o Estatuto dos traballadores e a ordenanza laboral da industria metalgráfica.

O pactado e preeminente sobre a ordenanza. Se a lexislación supera en algo o convenio, rexerá o disposto na lexislación.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio terá unha duración dun ano.

Entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro do mesmo ano. O convenio quedará automaticamente denunciado coa antelación de tres meses respecto da data do seu vencemento; non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas colectivas e ad personam existentes sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, sexan superiores ás establecidas no presente convenio.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 5º.-Salarios.

Establécese como salario base o mínimo para cada categoría profesional o específico na táboa salarial, columna A do anexo I do presente convenio, entendéndose que para as categorías que o teñen determinado diariamente se percibirá por día natural sobre as cantidades fixadas no devandito anexo, cal

cúlanse as antigüidades, os beneficios, as gratificacións extraordinarias, os sobresoldos de asistencia e puntualidades.

En caso de que o IPC rexistrado o 31 de decembro de 1999 sufra un incremento superior ó 2,5%, efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos desde o 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Considéranse horas extraordinarias as que excedan da xornada diaria normal; realizaranse horas extraordinarias unha vez oídos os representantes dos/as traballadores/as, por pedidos puntuais de producción, ausencias imprevistas, etc.

Un 50% das horas extraordinarias serán compensadas mediante descanso dentro dos seis meses seguintes á súa realización. As horas non compensadas aboaranse na contía que establece a táboa salarial.

A realización das horas extraordinarias será voluntaria por parte dos/as traballadores/as; non obstante, será obrigatoria para previr sinistros ou danos, reparacións urxentes e relevos de quenda.

As horas extraordinarias compensadas mediante descanso, así como as realizadas para revir sinistros ou danos, reparacións urxentes, non se computarán para efectos do límite das 80 horas anuais legalmente permitidas.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal percibirá unha gratificación extraordinaria en cada un dos meses de xuño (antes do día 20) e decembro (antes do día 22), calculadas sobre o salario base da columna B do anexo, máis a antigüidade que corresponda e incentivo de productividade, por un importe de trinta días de salario.

Estas gratificacións serán rateadas polo persoal que ingrese ou cesase no transcurso do ano, e computaranse para estes efectos como traballados os días de paro de persoal fixo descontinuo e os días de ausencia por accidente.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

Todo/a traballador/a percibirá en concepto de paga de beneficios unha gratificación equivalente ó 100% do salario base, antigüidade e gratificacións extraordinarias, calculadas sobre a táboa salarial de cada categoría profesional.

Esta paga será rateada mensualmente.

Artigo 9º.-Organización do traballo.

A organización do traballo correspóndelle ó empresario, quen o levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control do traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

O establecemento dun sistema de traballo e rendemento haberá de ser negociado en comisión pari

taria, constituída polos representantes e pola dirección da empresa.

Os salarios fixados no presente convenio corresponden a un rendemento de traballo de 60 puntos Bedaux e ó seu equivalente nos restantes sistemas de remuneración.

Fíxase un incentivo do 5% do salario base para tódolos/as traballadores/as que teñan dereito a el, segundo vén recollido no seu contrato de traballo.

Artigo 10º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, terán unha retribución específica consistente no aboamento dun sobresoldo cifrado no 37,5% do salario base aplicable a cada categoría profesional.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios do 5% do salario base correspondente a cada categoría profesional, co límite de cinco quinquenios.

Os quinquenios comezarán a computarse a partir da data inicial de ingreso na empresa e o seu importe percibirase desde o primeiro día do trimestre natural en que se cumpra o vencemento.

Para o cómputo da antigüidade, no que rspecta a aumentos periódicos, terase en conta todo o tempo servido na mesma empresa e consideraranse como efectivamente traballados tódolos meses e días nos que o/a traballador/a estivo de alta na Seguridade Social, excepto o tempo de excedencia forzosa para cargo público ou sindical, así como o da prestación do servicio militar ou prestación substitutoria.

Capítulo III

Xornada laboral, vacacións, permisos e

excedencias

Artigo 12º.-Xornadas.

A xornada será de 1.776 horas en cómputo anual, distribuídas de acordo co calendario pactado, en xornada continua de 6 a 14 horas e de 14 a 22 horas.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal disporá de 30 días naturais de vacacións, dos cales polo menos 21 serán ininterrompidos entre o 20 de xuño e o 15 de setembro e a empresa deberá elabora-lo correspondente calendario con anterioridade ó 31 de marzo, tralo informe previo dos delegados de persoal e salvo, en ámbolos dous supostos, que causas derivadas da producción e organización do traballo o impidan.

As vacacións serán proporcionais ó tempo traballado para o persoal con contrato eventual ou temporal, e computaranse para estes efectos, como traballados, os días de paro do persoal fixo-descontinuo, que desfrutarán na súa totalidade.

A distribución destas vacacións farase por acordo entre a empresa e o seu persoal.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións entre en situación de ILT ou baixa por accidente, terá dereito ó seu desfrute ou á parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.

O persoal que, por necesidades da empresa, non desfrute as vacacións no período acordado no calendario labroal, terá unha compensación de 1.500 ptas. diarias durante os días que o persoal desfruta das vacacións do mesmo período.

Artigo 14º.-Sobresoldo de asistencia e puntualidade.

A empresa aboará un sobresoldo de asistencia e puntualidade consistente no 10% do salario fixado para cada categoría profesional na columna A do anexo do presente convenio, incrementado en antigüidade, incentivo de producción e participación de beneficios.

Este sobresoldo computarase por períodos mensuais e terá dereito a el todo o persoal que non tivese máis de dúas faltas de asistencia ou puntualidade durante o dito período.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o dito sobresoldo percibirase igualmente nos seguintes supostos en concreto:

a) Cando o/a traballador/a se ausente por cumprir funcións de carácter sindical nos cargos representativos.

b) Os motivados polo artigo 15º.

c) Durantes os períodos regulamentarios de vacacións.

d) Mediante o permiso motivado por parto da muller ou intervención cirúrxica dos familiares comprendidos no punto b).

e) Cando o/a traballador/a se ausente por causas de citacións xudiciais ou gobernativas ou por asistir a algún exame para estudios oficiais, incluso o obrigatorio para obte-lo permiso de conducción ou para a obtención ou renovación do DNI.

f) Durante os días que o/a traballador/a está de baixa orixinada por accidente laboral.

Todos estes supostos deberán xustificarse suficientemente.

Artigo 15º.-Permisos.

Os/as traballadores/as, de avisaren coa posible antelación, terán dereito a permisos retribuídos co salario contractual ou pactado, polas seguintes causas:

1. Tres días naturais por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata primeiro grao, tanto por afinidade como consanguinidade. Dous días naturais para netos e familiares ata segundo grao, tanto en afinidade como consanguinidade. E un por falecemento de tíos en grao de consanguinidade.

No caso de que o traballador necesitase facer algún desprazamento, o prazo incrementarase dous días máis.

2. Tres días naturais por parto da muller.

3. Un día en caso de casamento do fillo, irmá ou pai.

4. Quince días naturais en caso de casamento.

5. Un día por traslado de domicilio.

6. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inscusable de carácter público e persoal.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborables, nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo/a traballador/a afectado/a á situación de excedencia regulada no número 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o/a traballador/a, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario ó que tivera dereito na empresa.

7. Polo tempo necesario para asistir á consulta médica e con xustificación posterior se non pode ser anterior.

Nota: as referencias ó conxuxe contidas neste artigo esténdense ás parellas de feito, se hai un coñecemento previo por parte da empresa garantido mediante un cerificado de convivencia expedido polo concello.

Artigo 16º.-Excedencia forzosa.

Os/as traballadores/as elixidos/as para desempeñaren cargos de responsabilidade no seu sindicato e que deban dedicarse por completo ó desempeño das súas tarefas, poderán solicitar voluntariamente a excedencia polo tempo que dure a situación, transcorrido o cal se reincorporarán ós seus postos de traballo sempre e cando se solicite antes de transcorrido un mes contado desde a data do cesamento nos referidos cargos.

Artigo 17º.-Excedencia voluntaria.

O/a traballador/a cunha antigüidade mínima dun ano na empresa, terá dereito á excedencia voluntaria por prazo menor de dous anos e non maior de cinco. O/a traballador/a que desfrutase de excedencia non poderá solicitala de novo ata transcorridos catro anos desde a súa incorporación ó traballo, esgotada aquela.

Artigo 18º.-Protección á maternidade.

Nos casos de embarazo, se as condicións de traballo puidesen aumenta-lo risco de aborto ou malformación do feto, a traballadora terá dereito a cambiar de posto de traballo a outro que non implique risco para a saúde da nai nin do feto.

A traballadora en estado de xestación e lactación non poderá traballar por quendas nin realizar traballos nocturnos.

A traballadora, por lactación dun fillo menor de nove meses, terá dereito a unha hora de reducción da xornada normal.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá o persoal de dous equipos de roupa de traballo ó ano, entendéndose por tales os integrados por funda ou bata ou chaqueta; pantalón ou similares, segundo as normas de uniformidade acordadas pola dirección.

Así mesmo, a empresa dotará o persoal dun par de botas.

Artigo 20º.-Contratación temporal e especial.

A empresa informará previamente os delegdos do persoal das causas motivadas da contratación temporal, eventual, a tempo parcial e aprendizaxe; así coma respecto ó chamamento ou cesamento dos/as traballadores/as fixo-descontinuos non se efectuará contratación eventual ou temporal para levar a cabo tarefas propias da empresa.

Os contratos eventuais por circunstancias de producción (Real decreto 2546/1994 e Real decreto lei 9/1997) realizaranse ó amparo do convenio interprovincial para a industria da metalgráfica.

Así mesmo, serán informados os representantes de persoal do número de contratos de carácter temporal ou eventual ou especial e das súas características, e terán coñecemento das prórrogas que nos ditos contratos se produzan e dos novos que se establezan.

Os representantes do persoal teñen coñecemento dos censos de traballadores/as eventuais.

En todo caso, a empresa dará exacto cumprimento a canto sobre o particular se establece na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

Capítulo V

Acción social

Artigo 21º.-Revisión médica.

A empresa garantiralle ó seu persoal unha revisión médica anual que será realizada por especialistas en enfermidades laborais, de acordo coas normas vixentes sobre seguridade e hixiene no traballo, e deberá entregarlle ó/á traballador/a o comunicado, informe ou libreta médica, acreditativos dos resultados obtidos na dita revisión, de mediar solicitude en tal sentido por parte do/a interesado/a.

Pola súa parte, a empresa informará os delegados de persoal de seguridade e hixiene do traballo ou ó vixilante de seguridade, se é o caso, sobre a situación sanitaria do cadro de persoal.

Corresponderalle á comisión paritaria do convenio o coñecemento en primeira instancia dos conflictos que puideran presentarse en relación con este tema, e no suposto de que os houbera poderá aquela solicitar de consideralo oportuno, o asesoramento dos organimsos máis competentes na materia.

Artigo 22º.-Seguridade e hixiene.

A empresa está obrigada ó cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia

de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, etc. de conformidade coa ordenanza xeral de seguridade e hixiene vixente e o cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais (Lei 31/1995, do 8 de novembro); para tal efecto nomearase un delegado de prevención.

Artigo 23º.-Invalidez parcial.

Cando ó traballador/a lle sexa concedida a incapacidade permanente parcial para a súa profesión habitual, a empresa terá a obriga de admitilo e darlle un traballo que non supoña diminución na súa remuneración, senón que haberá que manterlla na contía íntegra que lle corresponda segundo a súa categoría profesional, sempre que a causa da súa incapacidade fora producida por accidente laboral.

Artigo 24º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar con carácter oficial ou voluntario ou preste o servicio social substitutorio terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo de duración deste e un mes máis, e computarase todo este tempo para os efecctos da antigüidade na empresa.

Durante o tempo que permaneza no servicio militar ou social substitutorio, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias establecidas no presente convenio.

Artigo 25º.-Anticipos.

A empresa, se a súa situación o permite, poderá anticipar, só en casos especiais, o valor dunha paga extra que será amortizada co seu non aboamento na data correspondente; o dito anticipo concederase nun número non superior ó 20% de cadro de persoal fixo.

Artigo 26º.-Axuda estudios.

Aboaráselle mensualmente a cada traballador a cantidade de 1.875 ptas. por fillo en idade escolar, entre os tres e os dezaseis anos.

Artigo 27º.-Axuda minusválidos.

Ós/ás traballadores/as beneficiarios/as da prestación por fillo minusválido da Seguridade Social, a empresa aboaralles 13.000 ptas./mes como axuda, nos mesmos casos e condición que establece a normativa vixente para o suposto e calquera que sexa a antigüidade do/a traballador/a na empresa.

Artigo 28º.-Accidentes de traballo.

Desde o primeiro día, a empresa complementará ata o 100% do salario do/a traballador/a a prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboral.

Artigo 29º.-Falecemento ou incapacidade de traballo.

En caso de falecemento do/a traballador/a ou invalidez permanente e absoluta non laborables, aboaráselles ós seus dereitohabentes ou, de se-lo caso, ó/á interesado/a, a cantidade de 300.000 ptas. Esta cifra elevarase a 600.000 ptas. nos mesmos supostos cando teña carácter laboral.

Artigo 30º.-Axudas de custo e utilización do vehículo propio.

No caso de desprazamento do/a traballador/a por conta da empresa, esta aboaralle a aquel 6.000 ptas. en concepto de media axuda de custo.

A tuilización do vehículo propio para o servicio da empresa compensarase co aboamento de 30 ptas./quilómetro.

Artigo 31º.-Xubilación.

Aqueles/as traballadores/as que se xubilen entre os 60 e os 65 anos (ambos inclusive), percibirán por unha vez a cantidade de 300.000 ptas.

Cando a xubilación teña lugar mediante acordo de empresa e traballador/a, este/a terá dereito á percepción por unha vez das seguintes cantidades:

-Xubilación ós sesenta anos: 12 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e un anos: 10 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e dous anos: 8 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e tres anos: 6 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e catro anos: 5 mensualidades.

Artigo 32º.-Transporte e sobresoldo de distancia.

A empresa facilitaralle o medio de transporte a todo o persoal para o traslado de Vigo ó Porriño e viceversa.

Capítulo VI

Dereitos sindicais

Artigo 33º.-Asembleas.

Os/as traballadores/as teñen dereito a reunirse en asemblea, que será convocada e presidida polos representantes do persoal. Da convocatoria e da orde do día darase traslado previamente á dirección da empresa.

Os/as traballadores/as terán dereito a 2 horas anuais retribuídas por realizar asembleas no termo do primeiro parágrafo deste artigo.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

A empresa computará o dereito de tódolos/as traballadores/as a se sindicaren libremente e autorizará que os/as traballadores/as dun determinado sindicato poidan realizar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical, todo iso fóra das horas de traballo, sen perturba-la actividade normal da empresa nin interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

A empresa contará cun taboleiro de anuncios ó dispor dun sindicato e do delegado do persoal.

Artigo 35º.-Horas sindicais.

Os delegados de persoal da empresa disporán dun crédito de representación de 25 horas mensuais retri

buídas para o exercicio das súas funcións. Os delegados de persoal da empresa poderán acumular nun ou varios dos seus compoñentes as horas sindicais correspondentes.

Artigo 36º.-Expediente disciplinario.

Para proceder á sanción das faltas graves e moi graves en que o persoal poida incorrer, será preceptiva a tramitación do expediente contradictorio no que se lle dará audiencia ó interesado con fin de que poida alegar canto na súa defensa considere oportuno. Das anotacións practicadas daráselles conta simultaneamente ós representantes legais dos/as traballadores/as.

Artigo 37º.-Acoso sexual.

Considérase que acoso sexual no traballo é todo comportamento verbal ou físico de carácter ou connotación sexual que se dea no ámbito das relacións laborais; a persoa que o realiza sabe, ou ha saber, que este comportamento non é desexado pola persoa que é obxecto del, incidindo a negativa ou aceptación das centrais sindicais con representación na empresa.

Considerarase falta grave cando o acoso sexual se produza entre compañeiros do traballo.

Considerarase falta moi grave cando o acoso sexual o leve a cabo un mando ou xefe do empregado.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para a interpretación e o cumprimento das claúsulas pactadas neste convenio, establécese unha comisión mixta paritaria que estará integrada polas partes negociadoras deste convenio.

Segunda.-Sendo a falta de regularidade no traballo característica da empresa, faise constar, e así se pacta, que en cada suspensión de traballo do/a traballador/a fixo/a-descontinuo/a non se considera extinguida, senón, tan só interrompida a relación laboral, e, ó ser esta suspensión derivada da falta de regularidade no traballo consubstancial ó desenvolvemento da industria, non se considerarán estas, debidas á concorrencia das causas económicas ou translúxicas. As suspensións doutras características terán a regulación establecida na normativa vixente en cada caso; para tal efecto a tódolos/as traballadores/as seranlles aplicadas as seguintes condicións:

1. A empresa garantiralles a tódolos/as traballadores/as fixo-descontinuos unha asistencia de 181 días de traballo ó ano que correspondan a: festivos, sábados, domingos, parte proporcional de vacacións e días de traballo efectivo.

2. Os/as traballadores/as deberán ser chamados de forma gradual, en función das necesidades que existan en cada momento do volume de traballo que se deba desenvolver e deberá efectuarse dentro de cada especialidade por orde rotativa e sucesiva de modo tal que cumpran aproximadamente tódolos traballadores o mesmo perído útil de traballo cada ano.

O chamamento do persoal efectuarase mediante a oportuna comunicación, que ha de practicarse de forma comprobada e o traballador terá un prazo de 48 horas (dous días) dentro do que pode incorporarse ás tarefas.

3. En caso de reducción e incumprimento de chamamento ó traballo, o traballador poderá presentar reclamación por despedimento ante a xurisdicción competente, iniciándose o prazo para iso o día que tivera coñecemento da falta de convocatoria.

4. Durante o período de inactividade do persoal fixo-descontinuo non se realizarán horas extraordinarias de ningunha índole, excepto aquelas de forza maior que se acordarán co comité de empresa.

5. A empresa complementará a prestación ata o 80% da base reguladora que utilizou o Inem, para concede-la devandita prestación, durante os períodos de cobro da prestación por desemprego.

Terceira.-A citada táboa de remuneracións entrará en vigor a partir do 1-1-1999.

Cuarta.-O idioma dun pobo constitúe un dos seus sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis prezados, así como a base das súas relacións humanas. Galicia conta co privilexio de ter unha lingua antiga e rica, que é a nosa obriga coidar e potenciar.

Os traballadores teñen dereito a desenvolve-la actividade laboral e profesional en lingua galega.

Comisión negociadora.

A comisión negociadora do presente convenio estivo integrada, por parte da empresa, por Rosa Ana González Fróiz, e por parte dos traballadores, por Carmen Bernárdez Villar, Enrique Campo Carrera e Ricardo Rodríguez Fernández.

Táboa salarial

CategoríasSalario díaSalario mesHoras

1. Persoal obreiro
Aprendiz 16 anos2.447,7073.431,0
Aprendiz 17 anos2.816,7084.501,0
Aprendiz 18 anos2.916,1387.483,9
Peón3.233,7397.011,91.506
Especialista 2ª3.330,6499.919,21.547
Especialista 1ª3.401,52102.045,61.580
Oficial 3ª3.487,86104.635,81.619
Oficial 2ª3.526,94105.808,21.655
Oficial 1ª3.796,31113.889,31.769
Oficial especialista litografía4.029,70120.891,01.873
Capataz3.467,92104.037,01.619
Encargado de sección4.149,20124.476,0
Garda nocturno3.316,8499.505,21.547
Porteiro3.316,9099.507,01.547
Ordenanza3.316,3399.489,01.547
Almaceneiro e listeiro3.467,58104.027,41.619

2. Persoal administrativo
Aspirante 16 anos2.469,4774.084,11.142
Aspirante 17 anos2.852,2085.568,71.316
Telefonista3.362,97100.889,11.550
Axuiliar3.531,80105.954,01.623
Oficial 2ª3.605,21108.156,31.661
Oficial 1ª3.755,64115.485,01.771
Xefe segunda4.270,00128.100,01.966
Xefe primeira4.425,93132.778,52.041

CategoríasSalario díaSalario mesHoras

3. Persoal técnico
Delineante-debuxante
Proxectista 3ª3.713,58111.407,41.715
Proxectista 2ª3.871,43116.142,91.787
Proxectista 1ª4.189,18125,675,41.860
Mestre encargado4.425,95132.778,52.042
Técnico de organización4.136,90124.107,01.771
Xefe de organización4.426,98132.809,02.042
Titulado de grao medio4.436,00133.086,02.043
Titulado de grao superior5.842,50175.275,02.556