Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.435

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1999 pola que se autoriza a centros privados a transformación de unidades de formación profesional de primeiro e segundo grao en ciclos formativos de grao medio.

Examinadas as solicitudes formuladas polos titulares dos centros privados que solicitan a transformación de unidades de formación profesional de primeiro e segundo grao en ciclos formativos de grao medio.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, (BOE do 26), Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28), Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), Orde do 7 de xaneiro de 1997 (DOG do 21 de xaneiro), pola que se regula a adecuación das autorizacións dos centros privados de formación profesional de primeiro grao autorizados ou con clasificación definitiva e mailas dos centros de formación profesional de segundo grao homologados para implanta-los ciclos formativos de grao medio.

Considerando que as mencionadas solicitudes se axustan á lexislación vixente.

Esta dirección xeral, en virtude do establecido na disposición derradeira primeira da referida Orde do 7 de xaneiro de 1997,

RESOLVE:

Autoriza-la transformación de unidades de formación profesional de primeiro e segundo grao ós centros que no anexo se relacionan.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1999.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia: A Coruña-Curso: 1999-2000.

Localidade: A Coruña.

Centro: Santamariña.-1 unidade de FP1-2º da rama: administrativa e comercial.

Transfórmase en: 1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa da familia profesional de administración.

Composición resultante:-2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa (2 unidades).-2 ciclos formativos de grao medio de comercio (2 unidades).

Localidade: Santiago de Compostela.

Centro: Delta-Tor.-1 unidade de FP1-2º da rama: administrativa e comercial.

Transfórmase en: 1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa da familia profesional de administración.

Composición resultante:-2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa (2 unidades).-1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade).

Provincia: Ourense-Curso: 1999-2000.

Localidade: Ourense.

Centro: Santo Cristo.-1 unidade de FP1-2º da rama: sanitaria.

Transfórmase en: 1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería da familia profesional de sanidade.

Composición resultante:-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade).-1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade).-1 ciclo formativo de grao medio de perruquería (2 unidades).-2 ciclos formativos de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (2 unidades).-1 ciclo formativo de grao medio de farmacia (1 unidade).