Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.441

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso 4/1999, convocado pola Orde do 24 de xuño de 1999, para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de estatísticas da Xunta de Galicia.

Convocado o concurso 4/1999, para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de estatística da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 126, do 2 de xullo de 1999, e á vista da proposta realizada pola comisión encargada de valora-los méritos alegados polos concursantes, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións encóntranse expostas nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Segundo.-Os interesados poderán formular reclamación en relación coas puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Dirario Oficial de Galicia.

As reclamacións deberán realizarse mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública