Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/31-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Iberdrola, S.A.

Domicilio social: r/ Cardenal Gardoqui nº 8, 48008 Bilbao.

Denominación: ampliación da subestación de San Pedro.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Descricións técnicas: composta actualmente por un parque de 15/220 kV, unha posición de transformación equipada con seccionador de illamento e pararraios, un transformador elevador de 15/254 ±5% kV de 40 MVA e unha posición de liña sen interruptor á subestación de Santo Estevo. Amplíase cunha nova posición de liña de 220 kV á central hidráulica de Velle (Propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.) en configuración simple barra con capacidade para 2 posicións de liña (Santo Estevo e velle) e unha posición de transformación.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 13 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense