Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/169-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáez Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Conde de Fenosa, 38.

Situación: O Barco.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, de 20 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV-3x150, con orixe na L.M.T. ó C.T. compacto Conde de Fenosa 38, con 400 kVA, R/T 15.000/380-220 V e remate na L.M.T. ó C.T. residencia.

Rede de baixa tensión subterránea de 85 metros con orixe no anterior C.T. en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 13 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense