Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do plan especial de mellora do núcleo 03.11 C Miraflores (Bembrive) (expediente 2794/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do pasado día 28 de xullo de 1999, acordou aprobar definitivamente o plan especial de mellora do núcleo 03.11 C Miraflores, na parroquia de Bembrive, con

forme a documentación elaborada polo arquitecto José A. Comesaña García a existente no expediente 2794/411.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

A. Recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Vigo, no prazo dun mes contado a partir da data de publicación deste anuncio.

B. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio.

Non obstante, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

C. Calquera outro recurso que considere procedente interpoñer.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado domicilio, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 16 de setembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo