Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 28 de setembro de 1999, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto, para o contrato de subministración coas características que se citan a seguir:

Cadro de características do contrato.

1. Obxecto: subministración dunha máquina escavadora, manipuladora e cargadora para os servicios municipais.

2. Tipo de licitación: 26.500.000 (IVE incluído) ptas.

3. Partida: 5.68.

4. Prazo de entrega: 1 mes desde a adxudicación.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real, s/n. Xove). Facilitarase así mesmo copia do prego de condicións en persoa, por correo ou telecopia.

7. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais (contados desde a última publicación no DOG ou BOP de Lugo).

8. Fianza provisional: 530.000 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: subministración financiada con fondos propios.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de condicións.

Xove, 4 de outubro de 1999.

Jesús López González

Alcalde

ANEXO

Modelo de proposición

D/Dª... con domicilio na rúa nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de DNI o CIF nº... e con domicilio en... nº teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto de subministración, e para os efectos fai constar:

1. Que oferece a subminsitración dunha maquina escabadora, manipuladora e cargadora de marca e modelo... no prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas., en relación co tipo de licitación, e coas melloras seguintes...

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 19...

O licitador

Asinado e rubricado

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación da subministración de ... presentada por:...

En... o... de... de 19...

O licitador

Asinado e rubricado