Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (122/1993).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria, do día 3 de setembro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Rexeitar tódalas alegacións presentadas xa que se apartan do obxecto da modificación do proxecto de delimitación e subdivisión da zona 8 do SU-24, que pretende corrixi-lo erro de grafismo dos proxectos que foron definitivamente aprobados no seu día tras audiencia dos interesados e resolución das alegacións. Obrar doutra maneira sería incorrer en incongruencia procesual.

2. En consecuencia, procede, unha vez reixeitadas as alegacións, a aprobación definitiva da rectificación mediante corrección de erro de grafismo e que afecta ós proxectos de delimitación e subdivisión da zona 8 do SU-24.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

Non obstante ó recurso indicado, poderá utilizar outros que así o crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 15 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente