Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO.

Contratación por concurso aberto para execución da obra de pavimentación de camiños rurais, incluída no PIEL 99.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello da Cañiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

Obra: pavimentación de camiños rurais.

Obxecto do contrato: execución da obra.

Lugar de execución: Concello da Cañiza.

Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 15.880.849 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 317.616 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello da Cañiza. Secretaría xeral.

Domicilio: rúa Oriente, nº 11.

Localidade: 36880 a Cañiza.

Teléfono: 986 65 10 00.

Fax: 986 65 11 90.

Data límite para o obtención da documentación: ata o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se exise.

Outros requisitos: acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica, en calquera dos xeitos previstos na Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: 13 días naturales contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (a derradeira publicación).

Lugar: no rexistro xeral do concello, de luns a sábado, de 9.30 a 1.30 horas, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.

Prazo durante o cal está obrigado o licitador a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Modelo de proposición:

Axustarase ó que figura no prego de condicións.

10. Apertura de ofertas:

Entidade: Concello da Cañiza. Secretaría xeral.

Domicilio: rúa Oriente, nº 11.

Localidade: 36880 a Cañiza.

Data: ás 12 horas do 1º día hábil seguinte (non sábado) ó de remate do prazo para a presentación de ofertas.

11. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario.

12. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e do proxecto técnico:

O prego de cláusulas administrativas particulares exporase ó público durante o prazo de 4 días hábiles desde a publicación do presente anuncio, para que os interesados poidan examinalo e, se é o caso, presentar reclamacións contra el. Co mesmo fin, exponse

durante o prazo de 8 días hábiles o proxecto técnico. En ambos casos, de presentaren reclamacións, a licitación quedará suspendida ata que estas se resolvan.

A Cañiza, 20 de setembro de 1999.

Manuel Gregorio Pérez

Tenente de alcalde