Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de xullo de 1999 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados ós concellos galegos para misións de protección civil.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no DOG nº 149, do 4 de agosto de 1999, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 9.973, columna primeira, artigo primeiro, dentro dos concellos beneficiarios, onde di: «Vilar de Santos», debe dicir: «Piñor».