Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 1 de outubro de 1999 pola que se amplía o prazo de xustificación do investimento realizado ó abeiro da do 18 de febreiro de 1999, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para a realización e mellora de infraestructuras nos polígonos empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 18 de febreiro de 1999 pola que se regula a concesión de axudas para a elaboración ou execución de estudios e proxectos de investimentos para a incorporación de novos servicios e actualización e mellora dos existentes en materia de comunicacións, subministración eléctrica, iluminación, saneamento, vías ou a dotación de infraestructuras para a prestación de servicios avanzados que poidan ser prestados con carácter horizontal e que supoñan unha mellora en materia de xestión, seguridade e formación (Diario Oficial de Galicia nº 41, do 1 de marzo de 1999).

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axuda a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do 1 de novembro de 1999.

Tendo en conta a tardía publicación da devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo para solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio, do 18 de febreiro de 1999, ata o 10 de decembro de 1999.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio